A investigación das multas en Poio terá que esperar a que dean a alta aos axentes sancionadores
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio abriu este luns unha investigación para determinar se se axustan á legalidade as multas de tráfico por xirar a cabeza máis de 45 graos.
A primeira hora da mañá reuniuse esta comisión presidida polo concelleiro de Seguridade Cidadá, José Luis Martínez.
Entre as primeiras decisións adoptadas solicitáronse informes á Xefatura Provincial de Tráfico para que determine se se axusta a dereito a interpretación que fixeron os axentes municipais do artigo 18.1 do Código de Circulación, no que basean a multa.
A comisión tamén requiriu un informe á Policía Local sobre as circunstancias nas que se puxo as sancións a estes condutores que circulaban por este punto da PO-308, o punto quilómetro 1,5, a media tarde do Venres Santo.
Ademais reclamouse a explicación por parte dos axentes que propuxeron as sancións, aínda que a comisión terá que esperar a que se incorporen ao seu posto de traballo xa que estes policías, veciños de Cangas e Vigo, se encontran de baixa tras un accidente de tráfico sufrido ao saírse co seu vehículo da estrada cando baixaban do alto da Escusa.
Á espera das conclusións que alcance esta comisión, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, non descarta a posibilidade de devolver o diñeiro a aqueles condutores que xa aboaron a sanción para acollerse ao desconto de pronto pagamento.
Relacionadas:
-
Recorrerán os policías locais de Poio a decisión do Concello de anular as multas por xirar o pescozo?
Por Oskar Viéitez |
-
A polémica polas multas "por xirar o pescozo" en Poio resolverase "en 15 días"
Por Natalia Puga |
-
Os policías de Poio descartan exceso de celo nas súas multas por virar a cabeza 45 grados
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa o Goberno local de Poio de ser "cómplice" da Policía Local
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio multa a varios condutores por xirar o pescozo "máis de 45 graos" mentres conducían
Por Redacción |