O Consorcio de Bombeiros de Pontevedra reforza o servizo dos parques comarcais
Por Redacción
O pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros pechou hoxe luns a liquidación do presuposto de 2013 que botou un saldo positivo de 367.000 euros. Ademais durante a sesión informouse da incorporación das diversas melloras que se están a realizar nos diferentes parques da provincia, entre outras, a próxima incorporación dun novo camión de bombeiros ao parque do Porriño e a dun todoterreo no de Vilagarcía. Ademais, de xeito inmediato, 12 novos profesionais reforzarán o cadro de persoal dos parques.
Tamén se deu conta do cambio de uniformidade de todos os membros dos equipos de bombeiros, que inclúe tanto a nova vestimenta como a renovación dos cascos.
Así mesmo, na xuntanza informouse da proxima adquisición dun programa informático para a xestión e seguimento dos parques, que permitirá mellorar a coordinación e a eficacia do servizo. Esta ferramenta permitirá saber en cada momento e en tempo real as diversas actuacións dos parques de bombeiros e as intervencións que se realizan de forma detallada.
De xeito inmediato 12 novos profesionais reforzarán o cadro de persoal dos parques
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacaron o bo funcionamento do servizo, a redución considerable de custes e a mellora na coordinación que se ten acadado coa posta en marcha do servizo provincial que xestiona a empresa Matinsa e financian a Deputación e a Xunta de Galicia.
O Consorcio Provincial de Bombeiros integra os parques comarcais de Bueu, O Porriño, Ribadumia e Vilagarcía de Arousa, aos que hai que sumar o de Deza-Tabeirós.
Relacionadas:
-
Inspección de Traballo obriga a corrixir deficiencias no servizo de bombeiros do Consorcio Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán descarta a creación dun parque de bombeiros para Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra dependerá da Deputación
Por Redacción |
-
O Consorcio provincial de bombeiros asina o seu primeiro convenio colectivo
Por Oskar Viéitez |