Os taxistas de Marín instan o Concello a que controle a competencia desleal que sofren
Por Redacción
A nova Asociación de Autopatróns do Taxi Rías Baixas reclama ao Concello de Marín que regule a competencia desleal que veñen sufrindo co cobramento de tarifas inferiores ás autorizadas pola Xunta de Galicia, o incumprimento da orde de saída, a promoción de números privados para a prestación deste servizo público a través de anuncios de prensa ou en internet, o incumprimento de gardas nocturnas ou a realización de paradas en lugares non habilitados para tal efecto.
Segundo denuncian dende a asociación, a pesar de manter unha reunión co concelleiro delegado de Tráfico, Francisco José Estévez, o 10 de marzo na que se comprometera a buscar solucións, o Concello continúa sen resolver estas irregularidades.
A asociación denuncia que se observan taxis cargando nas escaleiras da Alameda, a presenza de taxis con remolques descargando peixe na praza, a falta de servizo durante a noite ou que cada taxi cobre unha cantidade diferente polos mesmos servizos.
Segundo expoñen nun comunicado, os integrantes desta asociación denuncian que, ademais, levan meses sufrindo ameazas por teléfono con número oculto debido á denuncia destas prácticas.
Relacionadas:
-
Acusan o Concello de Marín de amparar a "impunidade" coa que traballan certos taxistas do municipio
Por Redacción |
-
O BNG insta ao Concello de Marín a adaptar a normativa de taxis á lei autonómica
Por Redacción |
-
Propoñen ata 2.000 euros de sanción para un taxista de Marín 'pillado' collendo clientes en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |