Pontevedra revive a súa tradición nazarena
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Este martes, como acontece dende hai máis de sesenta anos, Pontevedra acolleu o Xesús Nazareno. Era un dos fins fundacionais da confraría do Silencio e de aí que á procesión se lle coñeza polo nome desta agrupación penitencial.
Ao principio se procesionaba a imaxe da capela da rúa Tetuán, pero dende 1956 a protagonista é a talla saída do taller compostelán dos irmáns Rivas.
Dende o ano 1984 tamén participan nesta procesión as integrantes da Maior Dor. Esta confraría, integrada por mulleres, acompaña a Virxe da Esperanza, que se venera na capela de San Roque.