Falece Luis Rajoy Brey, irmán do presidente do Goberno
Por Redacción
Luís Rajoy Brey, irmán do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, morreu este mércores en Madrid aos 55 anos de idade. Segundo adianta La Voz de Galicia, faleceu nun centro hospitalario da capital española debido a unha enfermidade que lle foi diagnosticada hai uns meses.
Notario de profesión, exercía a súa actividade nun despacho da localidade madrileña de San Lorenzo do Escorial, logo de telo feito previamente en Vigo. Durante anos foi ademais vicepresidente do Real Club Náutico de Sanxenxo. Estaba casado e non tiña fillos.
Será enterrado no cemiterio pontevedrés de San Amaro na mañá do venres. Esa mesma tarde, ás 18:00 horas, celebrarase o funeral na basílica de Santa María.
Luís Rajoy Brey era un dos tres irmáns de Mariano Rajoy. Xunto con Enrique e Mercedes, ambos son fillos do maxistrado Mariano Rajoy Sobredo, que foi presidente da Audiencia de Pontevedra, e da súa esposa, Olga Brey López.
Dáse a triste coincidencia de que, este xoves, Mariano Rajoy está de aniversario. Cumpre 59 anos. Tiña previsto celebralo en Valencia, onde, entre outras actividades, a súa axenda recollía unha reunión con representantes da Asociación Valenciana de Empresarios e a súa asistencia ao acto de entrega das condecoracións ao mérito turístico de 2013.
Relacionadas:
-
Falece a pontevedresa Mercedes Rajoy, irmá do ex presidente do Goberno
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Familiares e achegados arroupan á familia Rajoy na despedida do seu irmán Luis
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Mariano Rajoy chega a Pontevedra pola morte do seu irmán Luis
Por Mónica Patxot |