O PP solicita participar na Xunta Local de Seguridade para abordar os problemas na Ferrería e Campolongo
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular presentou un escrito na Subdelegación do Goberno en Pontevedra no que que solicita poder participar na Xunta Local de Seguridade convocada para o venres 22 de marzo, na que está previsto que se aborden os problemas de inseguridade na Praza da Ferrería e Campolongo.
O portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polos concelleiros populares Guille Juncal e Silvia Junco, reuniu a un grupo de veciños, comerciantes e hostaleiros afectados por estes incidentes que lles trasladaron a súa preocupación ante o "efecto chamada" que se está producindo entre as persoas sen fogar que "consomen alcol e droga" na vía pública, ademais de "incomodar e increpar aos viandantes".
Rafa Domínguez afirmou que o Concello de Pontevedra "debe poner coto al consumo de alcohol y drogas en la vía pública; multiplicar la presencia de las patrullas de la policía a pie por las calles; mejorar la iluminación deficiente, a menudo, inexistente; y reforzar los servicios sociales".
"Esta no es la imagen de modelo de ciudad que deberíamos ofrecer a los peregrinos y turistas cuando llegan a la Ferrería, como la joya de la corona de Pontevedra, y zona de paso histórica del Camino Portugués", expresou Domínguez, antes de insistir na importancia de que se permita ao PP acudir á Xunta Local de Seguridade para "que se tomen medidas inmediatas" ante un "grupo de personas, cada vez, más numeroso y agresivo".
A agresión a un septuaxenario da semana pasada ou as pintadas con ameazas dos soportais da Ferrería "son solo la punta del iceberg" dos altercados, afirman os populares que apuntan que na tarde deste luns rexistrouse unha "nueva pelea entre personas sin hogar" na Praza da Ferrería, un espazo no que "ya no juegan los niños por el miedo que tienen sus padres a que se produzcan nuevos incidentes", aseguran.
Para finalizar, o líder dos populares pediu ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "que actúe antes de que suceda una desgracia mayor" despois das agresións a veciños e o prexuízo económico que supón para os negocios da zona.
Relacionadas:
-
Polémica pola petición do PP de acudir á Xunta Local de Seguridade: "É un órgano de carácter técnico, non político"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
"Maior presenza policial" pola"preocupante" situación da Ferrería e Campolongo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez, sobre a inseguridade cidadá: "Un día vai haber un desgusto pola pasividade de Lores"
Por Natalia Puga |
-
Localizan no monte de Marcón unha vertedura da limpeza dunha vivenda de Defensa con información dos seus moradores
Por Redacción |
-
"¿Qué más tiene que pasar?" na Ferrería para tomar medidas, lamenta Rafa Domínguez
Por Alejandro Espiño |
-
Novo incidente na Ferrería, nesta ocasión, unha pelexa entre dúas habituais da zona e unha viandante
Por Natalia Puga |
-
Agride un septuaxenario que lle recriminou que mexara no seu portal
Por Redacción |
-
Un incendio estraga o hórreo de Campolongo durante a noite
Por Mónica Patxot & Redacción |