Un incendio estraga o hórreo de Campolongo durante a noite
Por Mónica Patxot & Redacción
Susto en Campolongo durante as primeiras horas da madrugada deste martes 5 de marzo ao rexistrarse un incendio na escultura do hórreo situada nos xardíns da Praza da Constitución, no barrio de Campolongo, nas proximidades á Rúa Iglesias Vilarelle.
Segundo a información facilitada desde o Parque Municipal de Bombeiros de Pontevedra, ardían as táboas do tellado da estrutura decorativa e diferentes materiales dunha persoa sen teito que utilizaba a zona baixa do hórreo para durmir polas noite.
Os bombeiros sufocaron as lapas ao redor das 01.00 horas da noite e, segundo indicaron, non se producían danos persoais malia que arderon roupas, colchóns, cartóns e outros elementos inflamables.
Polo momento non trascenderon as causas que provocaron o incendio.
Relacionadas:
-
O PP solicita participar na Xunta Local de Seguridade para abordar os problemas na Ferrería e Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Arranxados 24 quilómetros de pistas nos montes da Lama e Ponte Caldelas para potenciar a defensa contra os lumes
Por Oskar Viéitez |
-
Un incendio iniciado nunha neveira calcina unha furgoneta 'camperizada' e afecta tamén a unha casa
Por Natalia Puga |
-
Os bombeiros reiteran a súa reclamación de aumentar persoal tras as emerxencias da pasada fin de semana
Por Redacción |
-
Sofre queimaduras nun 40% do seu corpo tras incendiarse a súa casa en Virxe do Camiño
Por Redacción |