José María López de Guereñu Rey celebra o seu 103 aniversario
Por Redacción
José María López de Guereñu Rey cumpría 103 anos o 28 de xaneiro deste 2024 e este mércores 31 o alcalde de Pontevedra, #Miguel Anxo Fernández Lores, achegábase polo seu domicilio para felicitarlle por ese aniversario.
Durante a conversación sobre a cidade, López de Guereñu lembrou o momento en que foi un dos creadores da Fundación Alexandre Bóveda cos actos conmemorativos do Día dá Galiza Mártir, aos que acudía habitualmente.
Este veciño centenario tamén é lembrado por ex estudantes do centro educativo Álvarez Limeses, que dirixiu durante uns anos.
Como representante político, en 1987 foi candidato á alcaldía de Pontevedra polo Partido Galeguista Nazonalista, ao igual que en 1991 encabezando a candidatura do Partido Galeguista.
José María López de Guereñu e o alcalde celebraron estes 103 anos cun brinde.