Inician a reparación do muro de contención do río Gafos entre a avenida da Estación e Ponte Boleira
Por Redacción
O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a reparación do muro de contención do río Gafos localizado entre a entrada da avenida da estación e o acceso por Ponte Boleira, próximo á ponte de madeira que conecta a senda coa traseira do antigo ximnasio Budo.
Desde o goberno local explican que as fortes riadas dos últimos anos fixeron que as pedras do muro foran derrumbado neste tramo e existía o perigo de que acabasen afectando á senda e a invadisen.
Ante esta situación, o concelleiro de Servizos Urbanos básicos, Xaquín Moreda, acordou pechar este tramo durante os vindeiros días priorizar a reparación desta zona e asi evitar que as augas do río saian do seu leito e afecten a senda urbana.
As obras teñen un custe aproximado de 40.000 euros e consisten en retirar as pedras (de gran tamaño) que estaban no leito do río, limpar e compactar a zona e colocar novas pedras do país para garantir que o río non saia da súa canle.
Estes traballos, indican, son complexos nestas datas posto que o Gafos leva moita auga no inverno e as crecidas afectan á actividade.
Relacionadas:
-
A renaturalización do Gafos irá "moito máis aló" que destapar a cuberta do río
Por Alejandro Espiño |
-
Atopan verteduras de plásticos nun afluente do río Gafos
Por Redacción |
-
Domínguez invita o PSOE a "explorar posibilidades" para que Lores non siga "en la poltrona"
Por Alejandro Espiño |
-
Aberta a ponte do Gafos para conectar a senda fluvial con Josefina Arruti
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Mosquera, sobre o destape do Gafos: "Eu creo que é viable, outra cousa é como"
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan a formigonar a nova pasarela de metal sobre o Gafos na rúa Tablada
Por Mónica Patxot & Redacción |