Rumboia #238: Timparrantela

Rumboia #238: Timparrantela

Mar | 19:00 | 19:17

Timparrantela é unha recente formación musical feminina nada en Ourense. Está formada por: Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxofón), Olga Brañas (piano e pandeireta), Raquel Huete (tuba e baixo eléctrico) e Marta Figueiredo (percusión). As composicións son de Olga Brañas, letras de diferentes poetas galegas e galegos e arranxos musicais de Pedro e Pablo Pascual (Marful).

Conectan tanto coas músicas do mundo como coa tradición da verbena, reinventándoa e conferíndolle elegancia. No 2021 Timparrantela presentaron o seu primeiro traballo discográfico, 'Se te quixen foi polos grelos', da man da Editorial Galaxia. O disco percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción.Textos cheos de retranca e de empoderamento, crítica, amor, luces e de sombras. 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar