Rumboia #148: Abóbriga

Rumboia #148: Abóbriga

Mar | 19:30 | 20:42

O nome do grupo, Abóbriga, provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a agrupación, a actual Baiona. Xorden a finais do ano 2008; parte dos gaiteiros do Monteboi contactaron con varios músicos para facer unha colaboración nunhas actuacións informais, e tanto gustou o resultado que decidiron formalizar o grupo.
No 2012 lanzaron o seu primeiro traballo discográfico, chamado 'Foliada en Baiona', protagonista da nosa Rumboia. Son 16 temas onde ofrecen unha mostra da historia da música tradicional do concello, mesturados con composicións propias como o 'Pasodobre Punta Balea' e con cancións populares como a 'Foliada de Baiona' ou a 'Muñeira de Baiona', recompiladas da tradición oral. Tamén hai que destacar a presenza dunha peza inédita, unha danza das espadas atopada no Arquivo Provincial de Pontevedra.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar