Rumboia #229: Fuxan Os Ventos

Rumboia #229: Fuxan Os Ventos

Mar | 19:00 | 19:11

No ano 1976 fuxan os ventos publicaban o seu primeiro disco titulado Fuxan os ventos, que se presentaba así: "Este feixe de cancións non quere ser máis ca o recordo e a dignificación dunha canción popular de hai anos xa; e un esbozo da canción galega de hoxe que partindo de formas musicais galegas non adormente senón que formule a realidade dunha Galicia viva, que por viva canta, pretendendo polo tanto ser o reflexo dun pobo que vive uns problemas nun intre crucial e definitivo da súa historia."
Tal declaración de principios abrangue as dúas vertentes musicais galegas do tardofranquismo: por unha banda o herdo da tradición, co propósito de dignificala e pola outra, a asunción da canción de denuncia, fiel reflexo do contexto social e da súa implicación a prol da loita pola liberdade política e social do pobo, a dignificación do seu idioma e da súa cultura.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar