Rumboia #187: Maghúa

Rumboia #187: Maghúa

Mar | 20:30 | 20:43

O grupo de música tradicional galega Maghúa xurdíu na Coruña no ano 2006 coa intención de recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición galega. Inicialmente naceron como grupo de cantareiros e dende os inicios, o grupo sempre tivo uns obxectivos moi claros: pasalo ben, facer que o público o pase ben, recuperar parte da tradición do país, e dar valor á voz masculina dentro do canto tradicional galego.

No outono do 2009 constituíronse como Asociación Cultural Maghúa, o que lles permitiu ampliar o seu campo de acción e realizar concertos en numerosos lugares de toda Galicia, no resto de España, Portugal ou Xenebra; puideron organizar cursos e os obradoiros Maghúa de folclore galego, nos que se impartían as disciplinas de canto tradicional, baile galego, gaita galega, percusión tradicional ou pasamanaría.

Logo de publicar 'Corricán', no 2014 presentaron o seu segundo traballo discográfico: 'Matria',  unha viaxe no tempo con once temas tradicionais recuperados de mulleres, nos que os componentes de Maghúa encarnan a tradición coas súas voces e percusión.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar