Rumboia #209: Brath

Rumboia #209: Brath

Mar | 19:00 | 19:12

Brath é unha banda lucense que no 1980 incorpora por primeira vez ao folk galego, instrumentos que ata de aquela estaban reservados para o rock, como a batería e as guitarras eléctricas. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión e con especiais influencias do rock progresivo. 

Con esta nova visión da música galega, que naqueles intres foi toda unha revolución, iniciouse un camiño que pouco a pouco recorrerían moitos grupos galegos. Brath, que nacía coa filosofía de achegar á xente moza a música de raíz, utilizou dende o principio a mestura de diferentes estilos, como o pop ou rock, para a traveso de diferentes fórmulas, crear unha nova música galega a partires da tradición.

O seu debut discográfico foi co disco 'Kalaikia' no ano 1982. Ao longo da súa ampla traxectoria, o grupo sufriu diversas mudanzas nos seus componentes, pero isto non impediu que gravaran unha ducia de albumes e varias bandas sonoras para o cine e televisión, participando tamén en discos colectivos e recopilatorios.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar