Tribuna Viva
Carta ao conselleiro Xesús Vázquez
Sr. Conselleiro:
Reunido o día 24 de Setembro de 2013 ás 11,30, o Consello Escolar da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia aproba por unanimidade o envío desta carta, co seu posicionamento a día de hoxe.
Dende o día 16 de Setembro estamos a espera de conseguir unha reunión con vostede, o que non foi posible, e como ven sucedendo ó longo do curso escolar precedente.
En consecuencia, no día de hoxe decidimos iniciar unha serie de accións para facer visible á sociedade a nosa solicitude. Dado que a Constitución defende que "a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado, entendemos que só o posicionamento da sociedade civil poderá convencelo da leximitidade da nosa solicitude.
Así mesmo, este Consello defende a importancia da reclamación xudicial como o mecanismo que finalmente poida asegurar o dereito do alumnado a obter un título recoñecible en toda Europa, coa mesma exacta validez das titulacións do alumnado universitario.
Unha vez máis, solicitámoslle unha reunión na que poidamos explicar as nosas propostas, e coñecer o seu posicionamento respecto das mesmas. Este Consello Escolar reunirase de novo o día 30 de Setembro. Nesa cita se discutirá a anunciada dimisión do mesmo e tamén, como se dixo, a do Equipo Directivo.
Lamentamos profundamente, e tamén descoñecemos, as circunstancias que impiden o diálogo con vostede, e reafirmamos a disposición deste Consello Escolar.
Reciba un respetuoso saúdo.
24.09.2013