Ferpalia en "panos menores" ao perder a Bolsa de Contratación
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, afirmou que a institución provincial acudirá ó rescate da Bolsa de Contratación Turística que terá lugar os vindeiros 17, 18 e 19 de outubro no Edificio Sarmiento de Pontevedra.
A Bolsa de Contratación é o auténtico motor do Salón do Turismo, Ferpalia, co que a súa perda supón rebaixar este evento a mínima expresión.
Ocorre que Bolcontur é unha iniciativa rexistrada pola empresa Grupo Norte, cuio xerente, Manuel Cabada, estivo insistindo reiteradamente na Cámara de Comercio da inminencia da cita e a necesidade urxente de financiación, ata que lle comunicaron a intención da entidade cameral de suspendela feira.
Ante a perda da oportunidade de negocio o Grupo Norte achegouse coa proposta ata a Deputación provincial que acolleu a iniciativa cos brazos abertos xa que dende hai tempo mostrara o seu interese en patrocinar en exclusiva un evento de este tipo.
Nunha tensa reunión na noite do martes o comité ejecutivo da Cámara de Comercio de Pontevedra, rexeitou a proposta do presidente cameral, José Antonio Gómez Rivera, de suspender Ferpalia, mais xa era tarde.
Por iso, a Bolsa non coincidirá con Ferpalia, que será organizada pola Cámara ainda non tén data de celebración.
Para que se poida celebrar a Bolsa de Contratación Turística, a Deputación cederá as súas instalacións do Museo de Pontevedra poñerá a disposición o personal de Turismo Rías Baixas. Según Louzán, a institución provincial quere potenciar na Bolsa de Contratación o "turismo de grandes eventos deportivos".
"Nós temos un compromiso inequívoco co sector e, como dixen, apoiaremos todo o que redunde na súa promoción e beneficio tendo en conta que é un sector estratéxico", afirmou Louzán.
O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, José Antonio Gómez Rivera, acudiu o despacho do alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores para trasladala difícil situación económica que atravesa a entidade.
Relacionadas:
-
Ferpalia 2012 sacará proveito ao potencial turístico dos días de choiva en Galicia
Por Redacción |
-
Bolcotur agarda atraer a Pontevedra a máis de 10.000 persoas e 2.000 profesionais do sector turístico
Por Redacción |
-
Pomovil en novembro e Ferpalia en decembro, plans da Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
A Cámara recrimina á Deputación que "tendrá que explicar" a falta de apoio a Ferpalia
Por Natalia Puga |
-
Ferpalia e Pomóvil sortean a crise e manteranse no calendario feiral de Pontevedra no 2012
Por Redacción |