Tod@s por Pontevedra solicita a revisión do trazado da A-57 ao seu paso pola Fracha
Por Daniel Santomé
A candidata de Tod@s por Pontevedra reuniuse este martes en Pintos coa asociación Salvemos A Fracha e cos veciños da zona para trasladarlles o apoio ás súas peticións.
Entre as súas reivindicacións está a de que o trazado da autovía sexa plantexado dun xeito "máis racional", que teña en conta aos veciños, "que non se mire só se é a alternativa máis barata". Igualmente, insitiron no "maltrato" sufrido polo goberno de Lores, que "nunca lles prestou atención, non visitou o lugar para coñecer a problemática nin se chegou a reunir con eles".
Desde Tod@s por Pontevedra apoian ese "esforzo de loita que levan a cabo".
A candidata María Biempica esixiu ás demais forzas políticas que "escoiten ás persoas e que cheguen a acordos, en vez e tomar decisións baseadas únicamente no diñeiro".
A postura de Tod@s por Pontevedra é que a A-57 é unha infraestrutura "vital para o desenvolvemento industrial. Pero non a calquera prezo".
Para Biempica o trazado actual e a súa forma de execución son "excesivamente destrutivos. Pensamos que antes que desmantelar a vida dos que viven alí é máis beneficioso para todos buscar unha solución dialogada, aínda que supoña incrementar o custo".