Ana Pastor e Núñez Feijóo respaldan a Telmo Martín na súa volta como candidato á alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción
Comeza a conta atrás cara ás distintas alcaldías e o Partido Popular desembarcou con algúns dos seus principais representantes en Sanxenxo.
Alí, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo e o presidente provincial e da Deputación, Rafael Louzán, acudiron ao Pazo Emilia Pardo Bazán para avalar o candidato popular á alcaldía de Sanxenxo,Telmo Martín.
O que fóra alcalde da vila durante dous mandatos, entre 1999 e 2007, afirma volver despois de quedar ás portas de gobernar en Pontevedra en dúas ocasións e de exercer como deputado no Congreso para crear emprego e construír infraestruturas básicas con máis atención aos centros de ensino e ás actividades deportivas e culturais, ademais da mellora da PO-308, un vial con gran densidade de tráfico.
Os quince primeiros postos da súa candidatura están ocupados por Juan Antonio Deza Otero, Paz Lago Martínez, Rafael Domínguez Piñeiro, María Deza Martínez, Marcos Guisasola Padín, Silvia Freire Fernández, Alfonso Rea Pérez, Jaime Leiro Otero, Paula Martínez Santos, María del Mar Caneda Estévez, Carmen Alexandra Chan Guitiérrez, César Fernández Escudero, Ana Jabois Magdalena y Silveiro González Aguín.
Relacionadas:
-
Telmo Martín promete invertir 7,6 millóns de euros para abrir Portonovo ao mar
Por Oskar Viéitez |
-
Un funcionario de Aduanas, número 2 de Telmo Martín; Paz Lago, María Deza e Marcos Guisasola siguen
Por Alejandro Espiño |
-
Telmo Martín encara o seu terceiro asalto á Alcaldía de Sanxenxo con "máis ilusión que a primeira vez"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |