Telmo Martín promete invertir 7,6 millóns de euros para abrir Portonovo ao mar
Por Oskar Viéitez
O candidato do Partido Popular á alcaldía de Sanxenxo, Telmo Martín presentou o seu proxecto para "abrir Portonovo ao mar".
O alcaldable popular considera que Portonovo "ten que converterse nunha das mellores vilas mariñeiras do tapeo de Galicia", e para elo cre necesario dotar de máis aparcamento no centro, novos espazos públicos de calidade e recuperar a súa fachada marítima.
Para conseguilo o PP propón a mellora do Parque do Espiñeiro, unha nova sede para o club de piragüismo, a humanización da estrada de A Lanzada entre a rotonda de Portonovo e Cabicastro, unha senda peonil de 1.400 metros dende a nova praza ata a praia de Canelas rodeando punta Seame e unha nova praza pública de 8.000 metros cadrados e aparcamento baixo a praza para 290 vehículos. En resumo a inversión total é de 7,6 millóns de euros.
COSTE DO PROXECTO
Telmo Martín afirmou que a humanización da estrada de A Lanzada custará 1,1 millón de euros e a financiará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. En canto a senda do litoral ata Canelas: 900.000 euros e será financiada polo Ministerio de Medio Ambiente, como dixo a ministra na visita do outro día. O Club de piragüismo: 450.000 euros e o Concello colaborará no seu financiamento. A mellora do parque do Espiñeiro: 200.000 euros que asumirá o Concello.
En canto a nova praza pública e o aparcamento tería un custo de cinco millónes de euros "e financiarase como o porto deportivo de Sanxenxo", e dicir, "a explotación do aparcamento e dos locais financiarán a obra".
Relacionadas:
-
Ambiciosa proposta de reordenación do porto de Portonovo
Por Redacción |
-
Ana Pastor e Núñez Feijóo respaldan a Telmo Martín na súa volta como candidato á alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un funcionario de Aduanas, número 2 de Telmo Martín; Paz Lago, María Deza e Marcos Guisasola siguen
Por Alejandro Espiño |