As mareas de Pontevedra e Marín apostan por unha xestión conxunta e pública do lixo
Por Diego Espiño
Os candidatos de Marea Pontevedra e Marea Marín, Luis Rei e Sandra Pesqueira, protagonizaron este mércores un acto conxunto en Estribela no que reivindicaron un plan de desenvolvemento conxunto para os dous municipios.
Nese plan inclúese a xestión dos residuos "dun xeito mancomunado para dar servizo ás 100.000 persoas que habitan en Pontevedra e Marín", explicou Rei.
O compromiso das mareas baséase na vontade de "non renovar os contratos a Urbaser en Marín e Cespa en Pontevedra", que expiran en 2017, coa intención de "recuperar a xestión pública".
O candidato por Pontevedra valorou ademais o apoio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Ence como "un insulto á intelixencia, cando non unha gilipollez" para pedir despois que o pleno municipal "conceda a Feijóo o título de falabarato adoptivo".
A postura de Rei e tamén de Marea Marín é apoiar a salida da factoría da súa actual ubicación en Lourizán, que contaba "na última nónima con 222 traballadores" polos "7.000 de Citroen ou os 3.500 de Inditex".
Sandra Pesqueiras engadiu ademais na súa intervención a necesidade de mellorar o transporte urbano entre ambos os dous municipios.
Relacionadas:
-
Marea denuncia as "agresións" á liña marítima e propón declarar a Ría como reserva da biosfera
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra dá por seguro que entrará na próxima corporación municipal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Marea Pontevedra protagoniza unha xornada festiva na Praza da Pedreira
Por Diego Espiño |
-
Marea Pontevedra financia a súa campaña coa venda de obras de estudantes de Belas Artes
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Un transporte público intermunicipal, eixe principal das propostas de mobilidade de Marea Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |