Suspenden dúas semanas o presidente do Arosa por entrar no vestiario arbitral con "menosprezo ou desconsideración"
Por Diego Espiño
O Xuíz Único de Competición suspendeu dúas semanas a Manuel Abalo, presidente do Arosa SC, por un suceso que se produciu ao termo do partido de ida da primeira eliminatoria do play-off de ascenso a Segunda RFEF, celebrado o pasado luns no estadio ourensán do Couto.
Sinala na súa resolución o responsable de competición que o castigo se impón por "dirixirse aos árbitros en termos ou con actitudes de menosprezo ou desconsideración á finalización do partido no vestiario arbitral".
Trátase dunha situación que se viviu, como indica a resolución, no vestiario dos colexiados, ao que segundo sinala a acta arbitral Abalo accedeu despois de chamar á porta. Unha vez dentro e tras desexarlle os árbitros sorte para a volta respondería "si, a ver se temos sorte co árbitro". Nese momento, sempre segundo o testemuño da acta, convidóuselle a saír do vestiario impedindo o presidente que se pechase a porta e sinalando que "hai que ter máis educación rapaz".
Manuel Abalo saíu do vestiario acompañado do delegado de campo. Con todo a cousa non quedou aí xa que o documento arbitral informa dunha discusión posterior no túnel, na que un dos asistentes identificou ao propio presidente do Arousa acusándoo de increpar "de maneira ostensible e ameazante" ao citado delegado de campo.
O castigo terá efectos para o presidente do Arosa para leste mesma fin de semana, no choque de volta da eliminatoria contra a UD Ourense que se disputará o vindeiro domingo 7 de maio (20.45 horas) na Lomba. Na ida o resultado entre ambos os dous foi de 0-0.
Relacionadas:
-
Primeiro asalto nulo na eliminatoria de play-off de ascenso entre Racing Villalbés e Arousa (1-1)
Por Redacción |
-
A Lomba lucirá o ambiente das grandes galas para recibir o Ourense
Por Redacción |
-
A Lomba ditará sentenza para UD Ourense e Arosa na primeira eliminatoria polo ascenso (0-0)
Por Redacción |
-
UD Ourense, primeiro escollo do Arosa nunha fase de ascenso de tres eliminatorias
Por Manu Otero |
-
O Arosa xogará a fase polo ascenso a Segunda Federación tras a derrota en Vilalba (2-1)
Por Redacción |