O Arosa xogará a fase polo ascenso a Segunda Federación tras a derrota en Vilalba (2-1)
Por Redacción
O Arosa SC caeu na súa visita ao Racing Vilalbés e despídese do ascenso directo a Segunda Federación, praza que ocupa o Deportivo Fabril tras gañar ao CD Barco por 0-1 e proclamarse campión do Grupo I de Terceira Federación. Desta forma, o conxunto arlequinado disputará o play-off e aínda ten opcións de promocionar de categoría.
O equipo de Vilagarcía sabía que tiña complicado facerse coa primeira praza da categoría xa que dependía de gañar e de que o filial coruñés picase en terras ourensás.
Con todo, os de Luisito non fixeron os deberes e os locais adiantáronse cun gol de Álex Pérez tras un erro defensivo do Arosa. Sacou de banda o Villalbés, parede en banda dereita, o esférico legou ao '20' e, desde a media lúa, sacou un zurdazo co que bateu a Manu Táboas.
Na segunda metade buscaron os visitantes o gol por todos o medios pero non chegou ata alcanzado o minuto 80. Jorge Fajardo centrou desde a esquerda, Sylla cedeu de cabeza dentro da área e Hugo Losada enganchou o balón para facer o empate.
Pero a alegría durou pouco ao Arosa e, dous minutos despois do empate, o colexiado viu man de Pacheco dentro da área e pitou a pena máxima, Javi Rey disparou e asinou o 2-1 co que se alcanzou a conclusión.
Relacionadas:
-
Suspenden dúas semanas o presidente do Arosa por entrar no vestiario arbitral con "menosprezo ou desconsideración"
Por Diego Espiño |
-
A Lomba ditará sentenza para UD Ourense e Arosa na primeira eliminatoria polo ascenso (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa inicia este luns no Couto a carreira polo ascenso a Segunda Federación
Por Redacción |
-
UD Ourense, primeiro escollo do Arosa nunha fase de ascenso de tres eliminatorias
Por Manu Otero |
-
O Arosa xógase o ascenso a Segunda Federación cun ollo en Vilalba e outro no Barco
Por Redacción |
-
O Arosa reacciona a tempo para superar o Somozas e xogará o ascenso na última xornada (4-2)
Por Redacción |
-
Triunfo do Arosa en Ourense (2-3) para manter o pulso co Fabril, que tamén gaña en Somozas
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Arosa ante o Choco para meter presión o Fabril (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa salva un empate en Arteixo (2-2)
Por Redacción |