O conflito de Rías do Sur, nas mans dos asesores xurídicos
Por Almu Dapena
Este domingo 1 de maio cúmprese un mes do peche do Complexo Deportivo Rías do Sur. 30 días nos que clubs, deportistas e usuarios tiveron que buscar a vida para continuar coa súa actividade tras o incumprimento do servizo por parte da empresa concesionaria Supera.
Pero é agora cando o tempo corre na súa contra, xa que en virtude da cláusula do contrato con dita concesionaria, Rías do Sur poderá esixir a rescisión unilateral do complexo deportivo e Supera deberá abandonar a instalación, polo que sería a Fundación a que pasaría a facerse cargo dela.
Con todo, "aínda non sabemos nada", sinala o representante de Rías do Sur, Héctor Vilariño, que está a expensas do que digan os seus asesores.
"O luns falaremos e faremos o poder notarial para presentalo nos tribunais", explica Vilariño, que cedeu a testemuña aos asesores xurídicos para que se fagan cargo legalmente dos problemas que trouxo o incumprimento do contrato.
Será a partir dese momento cando, desde a Fundación Rías do Sur, farán os requirimentos necesarios co fin de abrir a piscina e o complexo deportivo para retomar a actividade canto antes e así poder dar servizo a todos os afectados.
Relacionadas:
-
A seca frea a reapertura de Rías do Sur: "Non encheremos a piscina ata que a situación cambie"
Por Diego Espiño |
-
Agradecemento do CN Galaico á Escola Naval pola cesión das instalacións para adestrar tras o peche de Rías do Sur
Por Redacción |
-
O xulgado ordena a reapertura inmediata da piscina olímpica de Ponte Muíños
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
BeOne abre a porta para asumir a xestión da piscina olímpica de Pontemuiños
Por Manu Otero |
-
A Asociación de Hoteis apoia aos clubs afectados polo peche da piscina olímpica: "Xeran un gran impacto económico"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Os nadadores seguirán un mes máis nas piscinas do CGTD e a Escola Naval á espera de resolver o conflito en Rías do Sur
Por Redacción |
-
Primeira xornada de peche total no Complexo Deportivo Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Unha cláusula permite á Fundación Rías do Sur recuperar a xestión se Supera pecha o complexo deportivo
Por Diego Espiño |