Agradecemento do CN Galaico á Escola Naval pola cesión das instalacións para adestrar tras o peche de Rías do Sur
Por Redacción
O peche da piscina olímpica de Ponte Muiños, o pasado un de abril, obrigou aos clubs e nadadores de Pontevedra a 'buscar a vida' e atopar espazos alternativos nos que seguir adestrando e preparando a recta final das súas competicións.
Unha das instalacións ás que puideron acceder grazas á mediación da Federación Galega de Natación foi ás piscinas da Escola Naval Militar de Marín, que abriron as súas portas aos nadadores do Natación Galaico, do Waterpolo Pontevedra e do Galaico Sincro para que retomasen os adestramentos.
O primeiro acordo para desprazar aos deportistas a estas instalacións, ademais do CGTD de Pontevedra, alcanzouse a mediados de marzo e prorrogouse ata final de tempada grazas á boa predisposición de todas as partes, que facilitou a reestruturación dos horarios dos usuarios das instalacións.
É por iso que, nunha data nas que continúan cerradadas as portas do Complexo Deportivo Rías do Sur, a presidenta do Club Natación Galaico, Amparo Porta, entregou ao comandante director da Escola Naval Militar de Marín, Pedro Cardona Suances, un trofeo en agradecemento "pola cesión das magníficas instalacións da escola Naval Militar de Marín".
A entrega celebrouse na Escola Naval, e alí asistiron tamén o Capitán Ángel Martín Pinadero, xefe da sección de educación física da escola, e o director técnico do CN Galaico Diego Pérez.
Segundo o club, a cesión por parte da Escola Naval, con mediación da Federación galega de Natación a través do seu presidente, Carlos Touriño, "foi unha cura de emerxencia para os clubs acuáticos da cidade, entre eles o Galaico, que conta cun maior número de licenzas".
Relacionadas:
-
A canteira do Galaico demostra a súa boa saúde no Campionato de España Infantil de Verán
Por Redacción |
-
Anulado por un defecto de forma o auto xudicial que obrigaba a reabrir de maneira inmediata Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- O Galaico Sincro confía en volver a Ponte Muíños a próxima tempada
Por Marisa Ciordia |
-
O xulgado ordena a reapertura inmediata da piscina olímpica de Ponte Muíños
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Sidecu-Supera anuncia que non volverá abrir Rías do Sur e planea inaugurar sete centros deportivos en Portugal
Por Redacción |
-
O conflito de Rías do Sur, nas mans dos asesores xurídicos
Por Almu Dapena |
-
BeOne abre a porta para asumir a xestión da piscina olímpica de Pontemuiños
Por Manu Otero |
-
Os nadadores seguirán un mes máis nas piscinas do CGTD e a Escola Naval á espera de resolver o conflito en Rías do Sur
Por Redacción |