Triunfo en Santiago (2-4) e liderado para o Leis na Terceira División
Por Redacción
O Leis de Manu Cossío non acusou o primeiro tropezo da tempada, a pasada semana, e retomou a senda a vitoria na súa visita ao filial do Santiago Futsal (2-4).
A pesar do positivo do resultado, os pontevedreses tiveron que suar para lograr os tres puntos despois de que o equipo compostelán se puxese dous goles arriba no marcador aproveitando senllas xogadas de estratexia.
O marcador non condicionou ao Leis, que se envorcou en ataque para igualar o partido xa antes do descanso.
Os de Manu Cossío culminaron a remontada no segundo tempo para situarse como líderes en solitario da Terceira División despois das cinco xornadas disputadas.
SANTIAGO FUTSAL B (2): Pablo, Daniel, Julio (1), Marcos Fernández, Marcos, Fran, Fidel, Ricardo, Sergio, Gabriel, Francisco Sal, Simon (1).
LEIS PONTEVEDRA (4): Taboada (1), Gustavo (1), Martín, Sergio Martínez (1), Sergio García, Pablo Durán, Raúl Jiménez (1), Barcala, Miguel López, Miguel Cabaleiro, Noel.
Árbitros: Otero Baltasar e Gonzalez Lubián. Amoestaron a Fran e Fidel nos locais e a Pablo Durán e Pocho nos visitantes.