O Teucro avanza na Copa do Rei tras gañar en Benidorm (22-24)
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes volverá vivir un partido con aroma a Asobal despois de que a Sociedad Deportiva Teucro se clasificara para a segunda rolda da Copa do Rei.
Os azuis impuxéronse con suficiencia ao Balonmán Servigroup Benidorm a domicilio (22-24) e xa esperan rival para a seguinte eliminatoria, que se xogará en Pontevedra e a partido único ante un dos dous recén ascendidos á máxima categoría ou dos seis peores equipos de Asobal a pasada campaña.
Os de Javier Barrios puxeron da súa parte para compensar no posible o esforzo económico que supuxo disputar esta competición, e que dende o inicio de partido marcaron a pauta do xogo.
Cun parcial de 0-3 de saída e a defensa traballando a bo nivel os teucristas demostraron que asumian o reto de seguir adiante na Copa do Rei ante un Benidorm que non logrou estrease no marcador ata o minuto seis.
O Teucro encarrilou o partido cun parcial de 0-5 ao inicio do segundo tempo
Esta dinámica prolongouse durante toda a primeira metade, se ben os locais lograron apertar o partido antes do descanso (11-12).
Na reanudación o ex-teucrista Didac Villar empataba o partido na primeira acción (12-12), pero lonxe de descentrarse os azuis mostraron o seu mellor nivel para encarrilar o partido cun parcial de 0-5 (12-17) ante un conxunto local que tardou oito minutos en volver bater a Juan Bar.
A partir dese momento o Teucro limitouse a controlar a vantaxe para segurarse unha clasificación que non correu perigo a pesar dos tres goles finais de Jorge Hernández que maquillaron o marcador.
BM BENIDORM (22): Rey Enrique, Cutanda, Hugo, Jorge Hernández (5), David Jiménez (5), Llopis (1), Llorens (1), Sergio Martínez, Mirallave (4), Didac Villar (2), Javier Sánchez (4), Recio, Vicente Grau, Enrique Martínez.
SD TEUCRO (24): Juan Bar, César Armán (2), Chapela (6), Dorado, Borja Pedreira (2), Iván Fernández, García Pichel (4), Tomás Moreira (4), Carlos Pombo (1), Álex Pombo, Víctor Rodríguez (5), Miguel Sío, Cadilla.
Parciais: 0-3, 2-5, 4-6, 7-8, 9-11, 11-12, descanso, 12-14, 13-18, 14-20, 15-20, 18-22, 22-24.
Incidencias: Partido de primeira rolda da Copa do Rei disputado no Palau Esports L'Illa de Benidorm.
Relacionadas:
-
Así serán os oitavos de final da Copa do Rei para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Quenda para a Copa do Rei de balonmán coa visita do Cuatro Rayas Valladolid
Por Diego Espiño |
-
O bombo emparella ao Teucro co Cuatro Rayas Valladolid na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Copa do Rei de balonmán: Ilusión ou ruína para o Teucro?
Por Diego Espiño |