Tere Abelleira, tras os seus primeiros días na Selección Española Absoluta: "Estar aquí es un sueño cumplido"
Por Diego Espiño
Teresa Abelleira vive os seus primeiros días como integrante da Selección Española Absoluta, tras iniciarse o pasado venres a concentración de adestramento para preparar o encontro que o vindeiro sábado 19 de setembro xogarán fronte a Moldavia.
Despois das súas primeiras sesións a futbolista pontevedresa foi protagonista este luns da rolda de prensa oficial do combinado nacional, xunto á súa compañeira Peke, na que explicou como sente nestes momentos.
Xa tras a súa primeira toma de contacto Abelleira recoñeceu que "llevo peleando por esto mucho tiempo y estar aquí es un sueño cumplido".
@teresabelleira, @ainizebarea y el sueño cumplido de la @SeFutbolfem
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) September 12, 2020
Tere: "Llevo peleando por esto mucho tiempo".
Peke: "Lo he disfrutado como una enana".#JugarLucharYGanar pic.twitter.com/TooQTk4MZz
A preguntas de varios xornalistas de maneira virtual, a centrocampista do Real Madrid incidiu en que "al final estar con las mejores es un premio" e iso "te hace exigirte más, aprender cada día".
Tere Abelleira: "Vengo a disfrutar y aprender. No me espero jugar muchos minutos, como es lógico"
Aínda que o seu obxectivo agora pasa por consolidarse na Selección, Tere mantén os pés no chan defendendo que "vengo a disfrutar y aprender. No me espero jugar muchos minutos, como es lógico", sobre todo tendo en conta que "el mediocampo de España es una pasada. Hay un nivelón increíble, son jugadoras muy buenas y al final yo vengo aquí a disfrutarlo, a apreder lo máximo posible y obviamente quiero volver pero soy consciente del nivel que hay".
Abelleira eloxiou tamén a calidade humana das súas novas compañeiras de vestiario no combinado nacional, e tamén a "mentalidad ganadora" que o técnico, Jorge Vilda, tenta inculcar ao equipo.
Ademais, volver competir despois de tantos meses de parón obrigado pola pandemia é algo do que "teníamos muchas ganas".
A futbolista pontevedresa seguirá adestrando na Cidade do Fútbol de Las Rozas ata o vindeiro xoves 17, cando a Selección emprenderá a viaxe a Moldavia cara a un partido que pode supoñer o seu debut na Absoluta.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, "feliz de seguir dous anos máis no Real Madrid"
Por Diego Espiño |
-
O orgullo de "ter en Pontevedra unha xogadora de alto nivel" como Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira regresa á convocatoria da Selección Española Absoluta para a dobre cita fronte México e Holanda
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira, premiada como futbolista revelación da tempada
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira debuta coa selección absoluta na goleada a Moldavia (10-0)
Por Almu Dapena |
-
Terceira convocatoria internacional consecutiva para Tere Abelleira, que aínda non debutou con España
Por Manu Otero |
-
Teresa Abelleira repite convocatoria coa Selección Española á espera do seu debut
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estréase nunha convocatoria da Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese do Deportivo: "Teño a sensación de volver a marchar de casa, de volver deixar a miña cidade"
Por Redacción |