Tere Abelleira despídese do Deportivo: "Teño a sensación de volver a marchar de casa, de volver deixar a miña cidade"
Por Redacción
A etapa de Teresa Abelleira na Coruña, no RC Deportivo, chegou oficialmente ao seu fin este 30 de xuño, data na que vencía a súa vinculación contractual.
Por ese motivo a pontevedresa quixo despedirse do club que a converteu na primeira futbolista con contrato profesional no fútbol feminino galego, no que aterrou fai catro veráns e con só 16 anos.
"Non seguirei vestindo as cores branquiazuis. Unhas cores que ao principio simplemente víaos nunha camiseta e que agora, irán sempre dentro de min", sinala Abelleria nun comunicado compartido a través das súas redes sociais.
Aos seus 20 anos, Abelleira marcha da Coruña como unha xogadora contrastada na máxima categoría, na que no seu ano de debut callou unha excepcional tempada e que se suma á súa experiencia internacional nas categhorías inferiores da Selección Española.
Ese bo cartel valeulle para que a relacionen co recentemente creado Real Madrid, que todo apunta será o seu novo destino nun salto profesional a un proxecto que nace con grandes expectativas e o apoio dun dos clubs deportivos con máis recursos do planeta.
Para Teresa fichar polo Deportivo foi "a mellor decisión que puiden tomar no seu día", chegando a cumprir o seu soño de converterse en profesional e chegar a xogar en Primeira División.
A centrocampista acordouse na súa despedida de directivos, responsanbles da sección feminina da entidade coruñesa, empregados do club, compañeiras e afeccionados, ademais de reservar palabras para o apoio dos seus seres queridos.
Mirando cara ao futuro que lle espera Tere Abelleira recoñece sobre o seu próximo destino deportivo que "este verán, tócame tomar outra decisión, unha decisión que non está a ser fácil para min", un paso complicado porque "teño a sensación de volver marchar de casa, de volver deixar a miña cidade", conclúe despedíndose como "unha afeccionada máis" dun Deportivo ao que lle desexa "de corazón" o mellor no futuro.
COMUNICADO OFICIAL .
— Teresa Abelleira (@teresabelleira) June 30, 2020
-Teresa Abelleira Dueñas-GRAZAS DEPORTIVISTAS pic.twitter.com/l5PW4jTMCA
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira repite convocatoria coa Selección Española á espera do seu debut
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, tras os seus primeiros días na Selección Española Absoluta: "Estar aquí es un sueño cumplido"
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira estréase nunha convocatoria da Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira esfolla a margarida da súa renovación co Deportivo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira repite na lista da Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |