Teresa Abelleira repite na lista da Selección Española Sub-20
Por Redacción
A Selección Española Sub-20 de fútbol segue contando con Teresa Abelleira.
A xogadora pontevedresa repite na lista do combinado nacional da categoría, co que se estreou o pasado mes de novembro, e é unha das 24 elixidas polo seleccionador Pedro López para os seguintes compromisos internacionais.
En concreto trátase dunha dobre cita amigable fronte a Rusia e dun triangular con Escocia e Bélxica de rivais, todo iso nas instalacións do Pinatar Arena Football Center de San Pedro del Pinatar, centro da Real Federación Española de Fútbol para as súas categorías inferiores.
Estes encontros servirán de preparación para a fase final da Copa do Mundo que se disputará en Nixeria durante o próximo verán, e na que se nada se torce estará Abelleira como colofón á súa tempada de debut na Primeira División, un curso que está a resultar máis que positivo co RC Deportivo.
Xunto a ela, na convocatoria aparecen de feito outras dúas futbolistas do cadro coruñés, como son Athenea del Castillo e María Méndez.
A concentración da Selección Española Sub-20 iniciarase o vindeiro luns 2 de marzo, con partidos previstos ante Rusia os días 4 e 6 e o citado triangular como colofón o domingo día 8 de marzo.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira estréase nunha convocatoria da Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese do Deportivo: "Teño a sensación de volver a marchar de casa, de volver deixar a miña cidade"
Por Redacción |
-
Tere Abelleira esfolla a margarida da súa renovación co Deportivo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |