Asobal exclúe o Cisne do sorteo da tempada por estar "pendente de completar documentación"
Por Diego Espiño
O Club Cisne non participará directamente no sorteo de competición que a Liga Asobal celebra este luns 27 de xullo.
A liga anunciou que tanto o club pontevedrés como o outro recentemente ascendido, o Villa de Aranda, quedan fóra do sorteo figurando como "club número 17 e club número 18".
"Tanto Dicsa Modular Cisne como Blasgón y Bodegas Ceres Villa de Aranda formalizaron a solicitude de inscrición pero atópanse pendentes de completar a documentación e requisitos comprendidos na mesma de acordo á normativa deportiva e disposicións aceptadas na propia solicitude como requisito de participación nas competicións oficiais, coas condicións e alcance previsto no convenio de coordinación subscrito coa Real Federación Española de Balonmán", explica nun breve comunicado Asobal.
[#ComunicadoOficial]
— ASOBAL (@ASOBAL) July 27, 2020
Los clubes @ClubCisneBalonm y @bmvillaaranda están pendientes de completar la documentación requerida a @ASOBAL por lo que no formarán parte del sorteo de la #LigaSacyrASOBAL 2020/2021:
https://t.co/ruU93ywbY0 pic.twitter.com/1gITwxADUB
O motivo da discordia está na decisión dos dous recentemente ascendidos de non abonar o canon de 43.000 euros fixado para entrar a formar parte da asociación de clubs, despois da opción aberta pola Federación para competir na máxima categoría sen pertencer a Asobal.
"Estamos tranquilos", asegura o presidente cisneísta, Santiago Picallo, quen explica que seguen valorando as vantaxes e inconvintes de asociarse. Teñen de prazo máximo para iso o próximo 31 de xullo pero "si podemos evitar pagar los 43.000 euros lo haremos", defende.
"Yo me lo veía venir", sinala Picallo, porque "ya pasó lo mismo hace unos años con Cangas y Palma del Río". Con todo o dirixente non entende esta decisión xa que "entonces tampoco deberían figurar Barcelona o Logroño", defende en relación á decisión de ambos os clubs de abandonar a asociación.
A pesar do que poida parecer, no Cisne están seguros de que sairán a competir a próxima tempada e por primeira vez na súa historia na máxima categoría do balonmán nacional.
Relacionadas:
-
Asobal e Cisne acadan un acordo para a adhesión dos brancos á asociación de clubs
Por Redacción |
-
Un Cisne "feito a man" pide o apoio da cidade para o seu debut en Asobal
Por Manu Otero |
-
O Comité de Competición suspende provisionalmente o sorteo de Asobal no que o Cisne apareceu como 'club 17'
Por Diego Espiño |
-
O Cisne ou "club 17" debutará en Asobal na casa o 2 de setembro fronte ao Cuenca Ciudad Encantada
Por Redacción |
-
O Cisne finaliza a tempada con superávit pero "muy preocupados por los posibles rebrotes"
Por Almu Dapena |
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Abilleira, outro 'cisneísta' de corazón que se apunta desde o corpo técnico ao debut en Asobal
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |