O Cisne finaliza a tempada con superávit pero "muy preocupados por los posibles rebrotes"
Por Almu Dapena
"Con mucha incertidumbre y asustados", así están a vivir no Club Cisne Balonmán as semanas previas ao comezo da Liga Asobal.
O conxunto pontevedrés, que volveu aos adestramentos esta semana despois de catro meses afastado das pistas, celebrou este venres unha Asemblea Xeral Ordinaria "tranquila" coa orde do día de revisar as contas da pasada tempada e poñer en común as da próxima.
Segundo explicou o presidente cisneísta, Santi Picallo, "las cuentas están bien" xa que finalizaron a campaña cun superávit de 365 euros. Agora teñen que pensar na próxima, para a que, nun principio, terán que abonar unha cantidade de case 434.000 euros. Dentro desa cifra está contemplada a seguridade social, os salarios dos xogadores e corpo técnico, e os 43.000 euros que aínda non saben se terán que pagar a Asobal que, "en caso de no tener que pagarla, nos liberará", comentou o dirixente.
Trátase dunha cifra moi elevada que pode axudar ao club para fichar un xogador de primeira liña, figura para a que "estamos cortos", recoñeceu Picallo. Nun principio, o club tiña pensado botar man de Víctor Fernández, pero rompeu cruzado en Nadal e "está justito". Xogará no SAR de Redondela, filial para o club pontevedrés durante esta nova tempada onde o xogador recuperarase para "en enero o febrero jugar con el primer equipo en Asobal".
Polo momento, o futuro da nova campaña está no aire, polo menos en canto a asistencia refírese. "Hay que guardar medio metro por cada lado, lo que baja la asistencia del Municipal a 400 asientos", explicou Picallo, que espera que o "modifiquen" debido a que van sacar a campaña de socios o vindeiro martes "estamos pendientes porque como los socios no puedan ir a los partidos habrá que devolverles el dinero".
No Cisne son conscientes do problema que supón reducir o aforo nos pavillóns e as medidas de seguridade. Aínda que agora están a adestrar sós e teñen o pavillón para eles, "en dos semanas volverán Leis y Teucro, así que a ver cómo se organiza", comentou Picallo, que afirmou estar "muy preocupado por los posibles rebrotes".
Relacionadas:
-
O Comité de Competición suspende provisionalmente o sorteo de Asobal no que o Cisne apareceu como 'club 17'
Por Diego Espiño |
-
O Cisne ou "club 17" debutará en Asobal na casa o 2 de setembro fronte ao Cuenca Ciudad Encantada
Por Redacción |
-
Asobal exclúe o Cisne do sorteo da tempada por estar "pendente de completar documentación"
Por Diego Espiño |
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Abilleira, outro 'cisneísta' de corazón que se apunta desde o corpo técnico ao debut en Asobal
Por Redacción |
-
Definida a Copa Galicia de balonmán para Cisne, Teucro e Bueu Atlético
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |