Javi Vázquez renova e non perderá o debut do Cisne en Asobal
Por Redacción
Case ao completo está xa o plantel co que o Club Cisne debutará a próxima tempada na Liga Asobal de balonmán.
Falta a guinda ao proxecto, pero coa renovación dun dos seus capitáns son xa 16 os xogadores confirmados. Ese capitán que confirmou este venres a súa continuidade no equipo é Javi Vázquez, xogador que leva toda a súa vida deportiva defendendo as cores do Cisne.
"Estoy muy orgulloso de hacerlo (renovar) en el club que me he criado y donde llevo jugando de los 6 años, donde seguramente he conocido a mis mejores amistades y donde se me han inculcado los valores más nobles de este deporte", sinalou Vázquez tras facerse oficial a renovación.
Todo un exemplo de fidelidade a unhas cores, o extremo esquerdo acordouse dos mozos da base, aos que "les animo a seguir luchando y entrenando para que algún día puedan cumplir su sueño como lo voy a hacer yo este año jugando en la Liga Asobal".
RENOVACIÓN | Nueva renovación en las filas del Cisne...El extremo izquierdo y capitán del equipo Javi Vázquez @javivazquez13 también renueva y jugará en @Asobal ¡Grande Javi! #SomosCisne #SomosAsobal #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/sFQzYcCjAx
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 17, 2020
Javi Vázquez únese desta maneira a un plantel na que xa figuraban Pablo Picallo, Andrés Sánchez, David Chapela, Miguel Simón, Daniel Ramos, Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Preciado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo, Jorge Villamarín, Gonzalo Carró e Carlos Pombo.
Relacionadas:
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Abilleira, outro 'cisneísta' de corazón que se apunta desde o corpo técnico ao debut en Asobal
Por Redacción |
-
Renovación por dúas tempadas de Pablo Picallo no Cisne
Por Redacción |
-
Definida a Copa Galicia de balonmán para Cisne, Teucro e Bueu Atlético
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez renova e resolve unha das principais dúbidas do Cisne
Por Redacción |
-
David Chapela pecha a súa renovación co Cisne: "Es un año que no me podía perder"
Por Redacción |
-
Miguel Simón, décima renovación do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne 'ficha' un novo patrocinador principal para a súa estrea na Liga Asobal
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne pecha a renovación de Daniel Ramos para o seu proxecto en Asobal
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |