Renovación por dúas tempadas de Pablo Picallo no Cisne
Por Redacción
Non será aínda o último movemento pero poucas incógnitas quédanlle xa ao Cisne por desvelar no que respecta a a planificación do plantel co que debutará na Liga Asobal.
O club pontevedrés confirmou este mércores uno dos poucos asuntos aínda no aire, a continuidade dun home da casa como Pablo Picallo, que renovou co equipo da súa vida por dúas tempadas.
"Después de estar todo este mes hablando con Jabato largo y tendido sobre el proyecto, qué cosas iban a cambiar en Asobal, nos ha hecho ver que muchos de nosotros somos esenciales y para mí la opción de renovar era la opción más fácil", recoñece o extremo esquerdo pontevedrés.
Coa súa continuidade asegurada, Picallo cumprirá esta campaña 11 anos no primeiro equipo do Cisne, ao que se suman todos os que militou nos equipos de base desde as categorías máis temperás. Tanto é así que tras confirmarse a súa renovación asegurou estar "orgulloso de seguir en mi casa, en mi hogar, con gente que como yo ha crecido como el club y gente que es de aquí de Galicia".
RENOVACIÓN | Arrancamos este soleado miércoles con una nueva renovación...El lateral izquierdo Pablo Picallo @solt_8 también estará en el equipo de @ASOBAL. El jugador es otro de los veteranos del Cisne ¡Grande Pablo! #SomosCisne #SomosAsobal #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/iNlygreD2l
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 15, 2020
Con Pablo Picallo suman xa 15 os xogadores con praza fixa para a estrea do club en Asobal, nunha nómina que completan Andrés Sánchez, David Chapela, Miguel Simón, Daniel Ramos, Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Preciado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo, Jorge Villamarín, Gonzalo Carró e Carlos Pombo.
Relacionadas:
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Abilleira, outro 'cisneísta' de corazón que se apunta desde o corpo técnico ao debut en Asobal
Por Redacción |
-
Javi Vázquez renova e non perderá o debut do Cisne en Asobal
Por Redacción |
-
Definida a Copa Galicia de balonmán para Cisne, Teucro e Bueu Atlético
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez renova e resolve unha das principais dúbidas do Cisne
Por Redacción |
-
David Chapela pecha a súa renovación co Cisne: "Es un año que no me podía perder"
Por Redacción |
-
Miguel Simón, décima renovación do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne 'ficha' un novo patrocinador principal para a súa estrea na Liga Asobal
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne pecha a renovación de Daniel Ramos para o seu proxecto en Asobal
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |