O Poio Pescamar F.S. inicia a pretempada cos recoñecementos médicos ao seu equipo
Por Ramiro Espiño
O Poio F.S. e o Grupo de Hospitais Miguel Domínguez chegaron a un acordo de colaboración e patrocinio para a tempada 2013/2014, polo cal o primeiro equipo feminino do club, que debutará na máxima categoría do fútbol sala nacional lucirá o logotipo do grupo empresarial na súa equipaxe de xogo, e pola súa banda o centro médico encargarase do seguimento e recuperación das xogadoras do primeiro equipo a través do seu Centro de Rehabilitación e Fisioterapia.
Así, froito deste acordo, na tarde do venres todas as xogadoras do equipo de Primeira División, pasaron un completo recoñecemento médico previo ao inicio da pretempada, Rafael e Alberto Domínguez, coa colaboración do readaptador Félix Cao e a fisioterapeuta Nerea Videira.
En ausencia do adestrador, Marcio Santos, que se encontra de vacacións en Brasil, ademais do presidente do club Juanjo García Camiño estivo presente o novo preparador físico, Carlos Lago Fuentes, que se incorpora ao corpo técnico do primeiro equipo feminino.
Xa con Marcio á fronte, despois dos recoñecementos médicos iniciarase a pretempada, cos primeiros adestramentos que están fixados para o día un de agosto.