Njegos Sikiras, ala-pívot do Fuenlabrada, chega como cedido ao Peixe Galego
Por Redacción
A semana de movementos e novas no Peixe Galego gardaba unha última sorpresa, a incorporación ao equipo de Njegos Sikiras.
O ala-pívot bosníaco, de 2,05 metros de altura, pertence ao Montakit Fuenlabrada da Liga ACB, con quen apenas gozou esta campaña de protagonismo tras dous anos cedido en equipos da liga LEB Prata, concretamente no Óbila e no Tormes.
Sikiras só participou este curso en seis encontros na máxima categoría, con menos de 3 minutos de media en cancha e 0,3 puntos por partido, números que subiron na súa última etapa en Prata aos 8,4 puntos e 5,1 rebotes por partido.
Internacional absoluto polo seu país a pesar da súa xuventude, o xogador bosníaco reforzará a un plantel que quedara mermada coa saída a principios de semana do escolta Joel Hernández.
Ambas as noticias únense á dimisión como adestrador de Javi Llorente, tomando a testemuña no cargo o seu ata o de agora axudante Diego Gómez.
Njegos Sikiras está en condicións de debutar este mesmo domingo no derbi autonómico que enfrontará ao Peixe Galego a domicilio co Leyma Coruña (18:00 horas).
Relacionadas:
-
O Peixe Galego dáse unha alegría á conta do Canoe e logra o seu cuarto triunfo do curso (76-81)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego busca en Madrid a primeira vitoria con Diego Gómez ao mando
Por Diego Espiño |
-
Un mal segundo cuarto deixa o Peixe Galego sen opcións fronte o Leyma Coruña (68-60)
Por Almu Dapena |
-
Mateo Sánchez, segunda cesión en dous días para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Javi Llorente valora a súa dimisión: "Es una decisión muy difícil porque es el club que siento y que quiero"
Por Diego Espiño |
-
Javi Llorente faise a un lado e abandona o banco do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
Joel Hernández desvincúlase do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Oportunidade perdida do Peixe Galego para engancharse á loita pola permanencia e meter nela ao Huesca (59-64)
Por Manu Otero |