Pontevedra e Deportivo disputan o domingo en Pasarón o LIV Trofeo Luis Otero
Por Ramiro Espiño
Unha nova edición, a LIV, do Trofeo Luis Otero xa está en marcha. O clásico do verán futbolístico pontevedrés foi presentado na mañá do luns na Deputación Provincial, que patrocina o partido, coa asistencia da deputada, Ana Isabel Vázquez, e o presidente granate, José Manuel Fernández. O partido terá como escenario Pasarón, o próximo domingo, día 28, a partir das 20:00 horas, enfrontando a Pontevedra de Deportivo da Coruña.
Será a primeira oportunidade para os afeccionados granates de ver ao novo Pontevedra de Nando, que só 24 horas antes debutará na pretempada, pero farao na Estrada, nun partido fronte ao Estudiantil, en Callobre.
Para intentar que as bancadas rexistren unha boa afluencia de afeccionados, o club fixou uns prezos alcanzables, con entradas a 12 euros, en Tribuna, 10 euros, en Preferencia, e 8 euros nos Fondos Norte e Sur. Ademais, os júniors, entre 7 e 18 anos, pagarán 6, 5 e 4 euros, respectivamente, mentres que os socios do Pontevedra terán libre acceso mesmo aínda que aínda non renovasen o seu aboamento para a nova tempada, permitindo a entrada coa presentación do carné da campaña anterior.
Ana Isabel Vázquez quixo invitar "a todos los pontevedreses a que acudan a ver un gran partido", mentres que José Manuel Fernández, ademais de agradecer o apoio da Deputación, incidiu en que, ao non haber televisión en directo "es una buena oportunidad para ver a un equipo en proceso de remate de su plantilla, pero ilusionante".
Con respecto á reunión que nesta tarde do luns manterá cos membros das peñas do club, o presidente granate indicou: "Me reúno con las peñas porque hablando se entiende la gente. Para escucharlos, explicarles la situación y pedirles su colaboración con la entidad".
Ademais, preguntado sobre o resultado obtido tras a finalización do prazo de ampliación de capital, José Manuel Fernández dixo: "Aún no tenemos las cifras, en cuanto las haya se os convocará para dar datos reales y a ser posible como queda el accionariado. Como esta semana hay un festivo de por medio, supongo que lo haremos la próxima semana". Non obstante, pouco despois destas palabras o club enviaba un comunicado convocando rolda de prensa para a mañá do martes para informar de dito resultado da ampliación de capital.
CAMBIOS NA PRETEMPADA
De novo uns días antes do cal o Pontevedra inicie os seus partidos de pretempada, o club comunicou algúns cambios no calendario de partidos amigables previstos para as próximas semanas, que de non sufrir máis variacións queda como reflectimos no seguinte cadro:
Fecha | Rival | Campo | Lugar | Hora | Torneo |
Sábado 27 julio | Agrupación Estudiantil | Campo de San Martiño (Callobre) | A Estrada | 19:00 | I Edición Memorial José García |
Domingo 28 julio | RC Deportivo de la Coruña | Pasarón | Pontevedra | 20:00 | LIV Edición Trofeo Luis Otero |
Domingo 4 agosto | Club Xuventude Sanxenxo | Baltar de Arriba | Sanxenxo | 19:00 | Amistoso |
Martes 6 agosto | CD Lugo | Pasarón | Pontevedra | 20:30 | XXXVII Edición Trofeo Ciudad de Pontevedra |
Sábado 10 agosto | CD Ribadumia | A Senra | Ribadumia | 19:30 | Trofeo Pomarco |
Domingo 11 agosto | Marín CF - CD Choco | San Pedro | Marín | 19:00 | Trofeo Triangular Villa de Marín |
Jueves 15 agosto | SD Portonovo | Baltar | Portonovo | 19:30 | XLIII Trofeo Leopoldo González Pombo |
Sábado 17 agosto | Coruxo CF | Pasarón | Pontevedra | 20:30 | Trofeo Hotel Campaniola |
Domingo 18 agosto | USD O Grove | Monte da Vila | O Grove | IX Trofeo Concello do Grove |