David García Pichel convértese na terceira fichaxe do Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro adestrada por Javier Barrios segue apostando pola xuventude para a composición do seu plantel coa incorporación da súa terceira fichaxe, David García Pichel.
O xogador, de 19 anos, é natural de Carballo e pode actuar de central ou de lateral esquerdo, postos que ocupou esta última tempada no Universidad de León Ademar de Primera Nacional, filial do equipo de Asobal co que tamén chegou a debutar.
David García formouse como xogador no Calvo Xiria, foi internacional júnior en 25 ocasións e asina co club azul por dúas tempadas.