O Teucro ficha o lateral esquerdo do Seis do Nadal Víctor Rodríguez
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro encontrou o xogador que substituirá a José Manuel Rial no lateral esquerdo do equipo tras a súa marcha en dirección á Liga Asobal, e ese substituto será Víctor Rodríguez Costas.
Víctor, xogador vigués de 20 anos e 193 centímetros de altura, chega á entidade azul procedente do Seis do Nadal de Coia, club no que militou dende os 7 anos nas súas categorías inferiores e co que disputou a última tempada en Primeira Nacional.
O lateral, que firma por dúas tempadas co Teucro, é internacional júnior, unha Selección Española coa que logrou hai un ano o ouro no Campionato de Europa xunto ao tamén teucrista David Chapela.
A directiva azul traballa agora en a lo menos unha incorporación máis antes de dar por pechado o plantel.