O Atlético de Madrid, principal novidade no cartel do XXI Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín
Por Diego Espiño
Co mes de xuño regresa unha cita clásica dentro do calendario deportivo municipal, a fase final do Torneo Internacional Ciudad de Pontevedra de Fútbol 7 Benxamín organizado pola EF Portero 2000.
O complexo deportivo da Xunqueira será escenario o sábado 15 e o domingo 16 de xuño da 21ª edición da competición, apadriñada nesta ocasión por Jorge Otero e na que aparece como novidade o regreso do Atlético de Madrid.
Xunto ao cadro madrileño repetirán canteiras prestixiosas do fútbol galego, nacional e portugués como o RC Celta, RC Deportivo, Athletic Club, Real Sociedad, Real Sporting, SL Benfica e Sporting Clube de Portugal. Ademais completan o cartel o club anfitrión e os chegados da fase previa, é dicir, Pontevedra CF, Arosa SC, ACD A Seca, Bertamiráns FC, Victoria CF, Pabellón CF e Cristo Victoria SD.
O torneo iniciarase ás 10:00 horas do sábado cos partidos da fase de grupos, que se prolongará ata as 18:00 horas, cando comezarán as eliminatorias. O domingo pola súa banda, desde as 9:30 horas disputaranse os encontros definitivos coa final ás 13:30 horas.
Os catro grupos de competición quedaron encadrados da seguinte maneira:
- Grupo A: Atlético de Madrid, Real Sociedad, Portero 2000, ACD A Seca.
- Grupo B: Benfica, Athletic Club, Arosa, Victoria CF.
- Grupo C: Celta, Sporting Portugal, Pontevedra CF, Pabellón CF.
- Grupo D: Deportivo, Real Sporting, Bertamiráns, Cristo Victoria.
Relacionadas:
-
Sporting Clube leva o XXI Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín remontando ante o Deportivo
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ambiente inmellorable na primeira xornada do Torneo Internacional de Fútbol 7
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Sevilla, campión do XX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín ao gañar ao Benfica
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |