David Cal e Javi Gómez Noya, finalistas ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte
Por Alejandro Espiño
David Cal e Javi Gómez Noya son dous dos cinco finalistas ao prestixioso premio Príncipe de Asturias do Deporte 2013. Así o desvelou o xurado este martes. Os outros tres candidatos son o golfista José María Olazábal, a nadadora paralímpica Teresa Perales e a regata Oxford-Cambridge, unha das máis prestixiosas competicións de remo de todo o mundo. O fallo coñecerase este mércores.
A candidatura do piragüista pontevedrés, apoiada pola Xunta de Galicia, parte como favorita nestes premios. ÿ o deportista español con máis medallas (cinco) nuns Xogos Olímpicos. Aínda que os méritos do triatleta Javi Gómez Noya, que adestra desde hai anos en Pontevedra, non quedan atrás. Un dos seus últimos logros, nos que se atopan varios Europeos e Mundiais deste deporte, foi a medalla de prata nas Olimpiadas de Londres.
Os Premios Príncipes de Asturias están destinados a galardonar "o labor científico, técnico, cultural, social e humanitario realizado por persoas, institucións, grupos de persoas ou de organismos no ámbito internacional".
O premio dos Deportes concédese a quen "ademais da exemplaridade da súa traxectoria, contribúa co seu esforzo, de xeito extraordinario, ao perfeccionamento, cultivo, promoción ou difusión do deporte".
Para elixir a estes cinco finalistas, os membros do xurado tiveron que descartar outras 14 candidaturas, entre elas as do ciclista ÿscar Freire, o alpinista Reinhold Messner ou o futbolista Lionel Messi.
Relacionadas:
-
Javi Gómez Noya vence nunha proba olímpica organizada por Ironman en Zúrich
Por Redacción |
-
Cal e Gómez Noya quedan ás portas do Príncipe de Asturias do Deporte que gana o golfista Olazábal
Por Redacción |
-
David Cal espera gañar o Príncipe de Asturias do Deporte porque "hay hueco aún en casa de mis padres para él"
Por Alejandro Espiño |