Javi Gómez Noya vence nunha proba olímpica organizada por Ironman en Zúrich
Por Redacción
Javier Gómez Noya volveu ofrecer unha exhibición atlética. Nesta ocasión, o deportista galego gañaba unha proba en distancia olímipca organizada pola marca Ironman en Zúrich (Suíza), correspondente ao Campionato de Europa desta modalidade, impoñéndose a Sven Riederer e a Ruedi Wild. Fóra do podio quedaba o británico William Clarke, un dos triatletas favoritos para esta proba.
O corredor residente en Pontevedra dedicou o triunfo ás vítimas do accidente ferroviario en Santiago de Compostela.
As probas 5150 son as carreiras olímpicas de Ironman que se disputan sen drafting.
En Zúrich, a organización prohibiu aos corredores a utilización dos traxes de neopreno no percorrido a nado debido ás elevadas temperaturas da auga e en ciclismo, debido ás características da proba, impídese que os triatletas vaian a roda ou facendo grupos e debe desenvolverse o percorrido en bicicleta de forma individual, ao contrario do que sucede nas Series Mundiais, nas que se corre en pelotón.
Tras esta vitoria, Gómez Noya, que continúa sendo lider das Series Mundiais de Triatlón, terá a súa próxima proba do Ironman o 1 de setembro en Des Moines (Estados Unidos).