Rial, Fischer e Sergio Pérez, primeiras baixas confirmadas polo Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro confirmou este xoves as tres primeiras saídas de xogadores para a planificación da próxima tempada, na que xogará na División de Honra Prata.
Trátase de José Rial, Guillermo Fischer e Sergio Pérez, tres homes que se despedirán do club no últimom partido da tempada, este sábado (17:00 horas) ante o Benidorm no Pavillón Municipal dos Deportes.
No caso de Fischer e Sergio Pérez, os dous xogadores incorporados o pasado verán tiñan contrato en vigor, pero segundo confirmou o Teucro abonarán as cláusulas de rescisión establecidas. Desta forma continuarán na máxima categoría, apuntando respectivamente a Anaitasuna e Huesca.
Rial pola súa banda abandona a disciplina azul tras unha longa traxectoria en dúas etapas, de 2011 a 2013 e desde a campaña 2015/2016.
"A SD Teucro quere destacar a profesionalidade dos tres xogadores e agradecerlles a entrega e compromiso en cada partido", sinalou a entidade pontevedresa no seu comunicado.
Relacionadas:
-
O francés Christopher Corneil reforzará a primeira liña do Teucro
Por Redacción |
-
Luis Montes, renovado como adestrador do Teucro para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Competición ameaza o Teucro coa prohibición de inscribir ao equipo por unha débeda de 11.528 euros
Por Diego Espiño |
-
O Teucro despídese de Asobal caendo ante o Benidorm (29-33)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Xornada de trámite e despedidas para o Teucro na visita do Benidorm ao Municipal
Por Redacción |
-
Sergio Pérez, Fischer e Samu Gómez, preto de pechar o seu novo destino lonxe do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro xa é equipo de Honra Prata ao caer ante o Cangas (25-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |