Pontevedra e Fuenlabrada prometen un partido de altos voos en Pasarón
Por Diego Espiño
A estas alturas de tempada "no hay margen para el error", cansouse de repetir Luismi durante os últimos días, e non é para menos, porque o Pontevedra recibe este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón o líder da categoría, o Fuenlabrada, nun duelo que pode levantarlle definitivamente á pelexa polos catro primeiros postos.
"Es un partido importante, no decisivo porque quedan muchos puntos pero sí es importante", recoñece o técnico granate, que do mesmo xeito que o seu colega Mere no banco madrileño prognostica un duelo "muy parejo" como o da primeira volta no que venceu o Pontevedra decidido por pequenos detalles.
Luismi agarda un Fuenlabrada con presión alta que dificulte a saída de balón, polo que pide minimizar erros e fallos de concentración. Trátase ademais do equipo menos goleado da categoría (13 tantos) e que actúa cunha formulación "que no varía mucho fuera quer en casa, desde la organización defensiva", sinala.
Vixilancia especial merecerá o dianteiro Cedric, que acumula 4 goles nos 3 últimos partidos, pero non será o único nome importante sobre o verde nun plantel confeccionado para pelexar polo salto de categoría.
No Pontevedra, ademais do lesionado de longa duración Javi López, só causa baixa Romay por sanción, estando o resto do plantel dispoñible e convocado para a cita, debendo realizar algún descarte para elaborar a lista definitiva xa no propio estadio.
Pola súa banda o Fuenlabrada tamén chegará á Boa Vila con todo o seu potencial, xa que o defensor Suly é a súa única ausencia.
As entradas para o partido fixáronse en 25 euros para a bancada de Tribuna, 15 euros en Preferencia e 10 euros nos fondos, e a arbitraxe correrá a cargo do estremeño Francisco José Hernández Maeso.
Relacionadas:
-
O Pontevedra reforza a súa candidatura ao play-off goleando o líder Fuenlabrada (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Berrocal: "Hay que pensar en este domingo, pensar más allá no vale para nada"
Por Diego Espiño |
-
O Fuenlabrada, un muro defensivo que só conseguiu derrubar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra-Fuenlabrada, un ano despois
Por Diego Espiño |
-
Nin o Celta B nin a exhibición tarxeteira do árbitro poden cun sólido Pontevedra (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |