O Peixegalego despídese coa cabeza alta do Nacional Júnior tras perder en oitavos con Unicaja (51-77)
Por Redacción
Repetir a final do equipo cadete fai un ano no Campionato de España era unha fazaña case imposible, pero con esa ilusión chegou o Marín Peixegalego aos oitavos de final do Nacional Júnior logo de cumprir o obxectivo marcado, pasar a fase de grupos.
En oitavos de final con todo o Unicaja de Málaga foi demasiado rival para o equipo marinense, que malia a inferioridad evidenciada principalmente pola profundidade do banquiño andaluz, caeu con honor (51-77) ante un cadro que aspira ao máximo a competición.
O ánimo da grada da Raña non bastou para frear a Unicaja máis aló dos primeiros dez minutos (10-16). A vantaxe de seis puntos foi en aumento conforme pasaban os minutos ata chegar ao descanso cunha ampla renda (24-43).
Malia a desvantaxe o Peixegalego non se deixou levar e protagonizó unha segunda parte máis que digna apoiado principalmente nas figuras de Kyryl (26 puntos) e Víctor García (12), chegando a impoñerse no parcial do terceiro cuarto (16-15).
O Campionato de España Júnior de baloncesto segue agora adiante coas eliminatoriar de cuartos, semifinais e final, que se disputará no Pavillón da Raña de Marín o vindeiro sábado.