O Peixegalego xa está en oitavos de final do Campionato de España Júnior
Por Diego Espiño
Ao primeiro de vez o Marín Peixegalego logrou o seu principal obxectivo no Campionato de España Júnior de baloncesto, lograr o pase aos oitavos de final, onde intentará repetir a sorpresa do equipo cadete fai un ano, cando chegou á final.
O equipo marinense impúxose con claridade nos dous primeiros partidos do campionato, que ten como sé Marín, Pontevedra e Cambados, ante Pielagos (78-35) e Guadalajara Basket (85-37).
Estes resultados, unidos aos triunfos de Cajasol ante os mesmo equipos, fixo que o equipo local teña xa asegurada a súa presenza na seguinte fase, onde se cruzará con Unicaja Málaga ou Asefa Estudantes, primeiro e segundo do Grupo H respectivamente.
Ata seis xogadores do equipo júnior do Peixegalego como Kyryl, Cedric, Jacobo, Rafa, Pulleiro e ÿscar repiten a experiencia do Nacional cadete, campionato no que se proclamaron subcampeones tras caer na final co mesmo rival que teñen no último partido da fase de grupos, o Cajasol.