Dobre presentación nun Arosa que avanza no seu novo proxecto deportivo
Por Redacción
Empeza a desvelar o Arosa o seu novo proxecto deportivo, dirixido por Rafa Sáez desde o banco e co que aspira a poder pelexar polos primeiros postos da Terceira División e por entrar no play-off de ascenso.
Despois da fichaxe do gardameta Manu Táboas, procedente do Céltiga, o club arlequinado presentou este xoves á súa segunda e terceira incorporación.
Trátase de Óscar Castellano 'Chiqui' e de Iago Martínez.
O primeiro deles é un extremo que pode actuar por ambas as bandas, procedente do CD Choco, e o segundo é un central zurdo formado na canteira do Pontevedra e que procede do filial do Celta de Vigo, co que apenas gozou de oportunidades o último ano na Segunda División B.
Estes nomes únense ao renovado Sylla e ao repescado Nacho, cedido esta tempada no Cambados, mentres que o club presentou oferta para continuar a Sergio Santos e a Julio Rey.
Segundo deu a coñecer a última asemblea xeral do Arosa, o club presidido por Manuel Abalo destinará 190.000 euros á confección do primeiro plantel dentro dun orzamento xeral de gastos de 275.000 euros.
Relacionadas:
-
Cristóbal Juncal e Javi Otero, dous ex granates para o Arosa
Por Redacción |
-
Pablo González, quinto reforzo do Arosa de Rafa Sáez
Por Redacción |
-
Aarón Paredes reforza a dianteira do Ribadumia e Suso Martínez regresa ao Arosa
Por Redacción |
-
Miras altas nun Arosa que inicia unha profunda renovación
Por Redacción |
-
Rafa Sáez toma as rendas do Arosa
Por Redacción |