Aarón Paredes reforza a dianteira do Ribadumia e Suso Martínez regresa ao Arosa
Por Redacción
Segue o Ribadumia apontoando o seu plantel de xogadores para a próxima tempada en terceira división. Ás fichaxes do porteiro Roberto Pazos, procedente do Arosa, e de Eloy Fariña, que chega desde o Céltiga, agora o equipo da Senra conseguiu reforzar un dos postos máis complicados, como é o de dianteiro, incorporando a un home con acreditado olfacto goleador como Aarón Paredes.
O atacante, de 29 anos de idade, chega ao Ribadumia desde o Villalonga, onde a pesar do descenso celeste, a nivel individual asinou unha excelente tempada, conseguindo nada menos que 13 goles.
VIAXE DE IDA E VOLTA PARA SUSO MARTÍNEZ
Menos de seis meses durou a aventura de Suso Martínez no Céltiga. O xogador de Campelo, que abandonaba o Arosa no mes de xaneiro, por motivos nunca aclarados, aínda que apuntaban a discrepancias co entón técnico arlequinado, Jorge Otero, regresa ás filas arosistas para poñerse ás ordes de Rafa Sáez.
Suso Martínez é un xogador polivalente, que aínda que actúa preferentemente no lateral esquerdo, pode facelo no posto de interior e mesmo como media punta.
Coa súa fichaxe, o Arosa suma xa catro caras novas para afrontar unha tempada ambiciosa, co obxectivo posto en disputar o play-off de ascenso.
Relacionadas:
-
Cristóbal Juncal e Javi Otero, dous ex granates para o Arosa
Por Redacción |
-
Pablo González, quinto reforzo do Arosa de Rafa Sáez
Por Redacción |
-
Dobre presentación nun Arosa que avanza no seu novo proxecto deportivo
Por Redacción |
-
Miras altas nun Arosa que inicia unha profunda renovación
Por Redacción |
-
Continuidade para o novo proxecto do Ribadumia
Por Redacción |