Seguindo os xadrecísticos pasos de Bobby Fischer
Por Paula Sanmartín & Redacción
Robert James Fischer, coñecido como Bobby Fischer, foi un neno norteamericano que se converteu en referencia para o mundo do xadrez durante a época da Guerra Fría e logrou alcanzar o título mundial. A súa personalidade e os seus duelos con xogadores da antiga Unión Soviética fixeron que este deporte se popularizara. En Pontevedra son centos os nenos que se apuntan ao enfrontamento entre pezas durante estes días. Se cadra, entre eles atópase unha futura estrela mundial.
Este venres, a carpa situada na Praza de España acollía Xadrez na rúa mentres que este sábado 26 celebrábase no mesmo espazo Pontexadrez, unha competición que conta con grandes xogadores de Galicia e de Portugal. Unha vez máis, a solidariedade está presente con doazón de alimentos ao campamento de refuxiados sirios en Xordania.
Estes eventos organizados pola Escola Xadrez Pontevedra coa colaboración do Concello convertéronse nunha cita fundamental no calendario para os afeccionados a este deporte. Os resultados da competición pódense consultar nesta ligazón da Federación Galega de Xadrez.
Relacionadas:
-
Simultáneas como aperitivo do Torneo Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra, sede do torneo de maior nivel de toda a historia do xadrez galego
Por Alejandro Espiño |
-
Grandes mestres como Demchenko e Mónica Calzetta participarán no Torneo de Xadrez Cidade de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Ao redor de 700 persoas practicarán o xaque mate esta fin de semana na cidade
Por Paula Sanmartín & Redacción |
-
'Tormenta' de xadrez na Praza de España
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O xadrez toma a Praza de España
Por Redacción |