Vitoria sufrida do Poio Pescamar sobre Guadalcacín (4-2) para achegarse á Copa
Por Redacción
Tres puntos sufridos pero que poden valer a clasificación para a Copa. O Poio Pescamar tivo que suar para desfacerse dun Guadalcacín que chegaba coa intención de certificar a permanencia, e vendeu moi cara a súa derrota ante o equipo rojillo, que se consolida na sétima posición, con seis puntos de vantaxe sobre Penya Esplugues e Móstoles, a falta de catro xornadas para o final de liga.
O Poio comezou presionando máis aló de metade de cancha a un Guadalcacín que non conseguía sacar o balón xogado desde atrás con claridade. O primeiro tanto chegaba aos tres minutos por mediación de Jenny culminando unha contra cun potente disparo raso.
As pontevedresas dominaban a un combinado xerezano que aos poucos comezaba a espertar. Aos dez minutos, Cárol facía o segundo culminando un ataque posicional elaborado das rojillas. O Guadalcacín buscou recortar distancias antes do descanso, subindo a súa liña de presión e tratando de aproveitar as contras pero sen acerto na finalización.
Na segunda parte, as visitantes intensificaron a presión e recortaron distancias por mediación de Desi, despois dunha gran xogada individual na que regateou a Tamara.
Superada a metade do período final, Iria á saída dun saque de banda anotaba pola escuadra o 3-1, pero lonxe de dar a tranquilidade, as visitantes volveron recortar, despois de que Lorena fallase un penalti, pero desquitándose a mesma Lorena cun forte disparo raso tras roubo de balón en pista propia para poñer o 3-2 a sete minutos da conclusión.
Sería Ale de Paz, cun golazo metendo o balón na mesma escuadra, a que devolvía a calma á afección local, optando o Poio Pescamar por contemporizar nos últimos minutos para asegurar unha vitoria que lle afianza en postos copeiros.
POIO PESCAMAR (4): Tamara; Iria, Ale de Paz, Jenny e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Daniela, Delise, Cárol, Patri Corral, Yoli e Jéssica.
GUADALCACÍN FS (2): Patri; Carla, Desi, Ogalla e Lorena (quinteto inicial). Tamén xogaron, Pepa, Julia e Marín.
Árbitros: Juan Manuel Carreira Romero e Diego Mella Boca (A Coruña). Amoestaron a Daniela no Poio Pescamar.
Goles: 1-0, min. 3 Jenny. 2-0, min. 10 Cárol. 2-1, min. 25 Desi. 3-1, min. 31 Iria. 3-2, min. 33 Lorena. 4-2, min. 35 Ale de Paz.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Alcorcón imponse a Poio Pescamar (5-3) e aperta a clasificación para a copa
Por Redacción |
-
Fin á etapa de Marcio Santos no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Prohibido fallar para o Poio Pescamar para non ver perigar a súa praza copeira
Por Redacción |
-
Burela véngase goleando ao Poio Pescamar (7-1)
Por Redacción |
-
Chihiro Tanaka, un mes de proba co Poio Pescamar
Por Redacción |