A Urban Trail Night quece motores para a súa segunda edición
Por Redacción
Na súa estrea o pasado ano foron preto de 700 os deportistas participantes, e este ano na súa segunda edición espera non ser menos.
A Urban Trail Nigth Pontevedra quece motores a menos dun mes para a súa celebración, prevista para o sábado 24 de febreiro, e xa sen estar incluída no Circuíto de Carreiras Populares que deixou de organizarse.
A peculiar carreira popular contará de novo cun percorrido de 14 quilómetros, similar ao da súa primeira edición, mesturando asfalto, zonas de terra e algún que outro obstáculo natural coa dificultade engadida de ter que competir en horario nocturno.
A Illas das Esculturas, as beiras do río Lérez ou o centro histórico volverán ser testemuñas desta proba deportiva, que apura o seu período de inscrición co obxectivo de repetir a cifra de asistentes da súa estrea.
As inscricións poden formalizarse ata o día 21 de febreiro no portal www.championchipnorte.com.
Relacionadas:
-
José Manuel Casado e Beatriz Fernández impóñense nunha espectacular Urban Trail Night
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Máis que fútbol en Pasarón coa Urban Trail Night de Pontevedra
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra non terá sexta edición
Por Diego Espiño |
-
Elías Domínguez e Mari Ángeles Castro vencen na espectacular estrea da Urban Trail Night
Por Diego Espiño & Diego Torrado |